Talleres
Infantil, Familias
De 8 a 12 anos
23/09/2015
Xa rematou
Dende o 16/09/2015 ata o 23/09/2015
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Se queres deixar alucinados aos teus amigos e sorprender á túa familia... este é o teu taller!
Aprende maxia con obxectos cotiáns.
O noso mago favorito, Martín Camiña, ensinarache como adentrarte no mundo da ilusión. Só necesitas unhas poucas gañas de divertirte...
O obradoiro constará dunha primeira parte na que aprenderemos os trucos de maxia con obxectos cotiáns e unha segunda parte onde Martín nos fará, en exclusiva, unha pequena actuación.
Valo perder?
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible