Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Mércores, 4/11/2009

Ermitas Valencia presenta o ciclo Outono Audiovisual de curtametraxes en galego

A concelleira de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, Ermitas Valencia, presentou o ciclo Outono Audiovisual de curtametraxes en galego, que se realizará os sábados do mes de novembro.

Ermitas durante a presentación.

Os pases para as sesións serán gratuítos. A primeira sesión do ciclo será este sábado, ás 20 horas, no Centro Social Sagrada Familia, na rúa Sagrada Familia, co lema "Para mariñeiros, nós ."As seguintes sesións realizaranse na Asociación Tempo Novo, en Elviña; no Centro Cívico de Pescadores; e no Liceo de Artesáns de Monelos.