Selección de persoal
Toda a oferta pública de emprego do Concello da Coruña, condicións, datas, requisitos, ... todo o necesario para concorrer ás prazas que se convocan.
Se o desexa tamén pode descargar o impreso para inscribirse en calquera delas.
NOTA: a lista aparece ordenada por data de actualización.
Procesos selectivos de empresas públicas municipais
Procesos selectivos de IMCE
Información municipal sms
Grazas a este servizo poderá recibir mensaxes sms no seu teléfono móbil informándo/a, sen ningún custo, de todas as novidades en relación coa selección de persoal do Concello da Coruña.
Pode obter dous tipos distintos de novidades:
- Novas convocatorias de ofertas de emprego:
- Recibirá un aviso por sms cando se faga pública unha nova convocatoria. Para iso terase que dar previamente de alta no servizo sms.coruna.es
- Novidades asociadas a unha convocatoria específica:
- Para recibir as novidades relacionadas cunha convocatoria específica mediante SMS debe introducir o seu número de teléfono móbil na páxina que visualizará tras pulsar un enlace situado na parte inferior de cada convocatoria. Se o prefire tamén pode recibir esta información no seu correo electrónico indicando o seu enderezo no campo existente ao final da páxina de cada convocatoria.