Situación

Localización da Coruña
O municipio da Coruña é a capital da provincia da Coruña, na Comunidade Autónoma de Galicia. Está situada no extremo noroccidental do país. É unha cidade atlántica con clima suave. É sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a Delegación do Goberno nesta comunidade e a Real Academia Galega. Así mesmo acolle a Capitanía Xeral Noroeste e é sede do Mando Loxístico Operativo do Exército de Terra.
O municipio ocupa unha superficie de 37,8 km² e acada os 245.164 habitantes, Instituto Nacional de Estatística a 31 de decembro de 2008. A área de influencia da cidade está constituída polos municipios de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. A cidade e a súa área de influencia contan cun total de 389.289 habitantes, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística a 31 de decembro de 2008.