Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña
Composición de tres imaxes nas que tres persoas interpretan en linguaxe de signos a frase 'Xuntos seguimos derrubando barreiras'

Cómo derrubar barreiras

Pensa, observa e actúa

Pensa en quen existe e non ves porque non participa na vida colectiva. Pensa nos obstáculos que moita xente se ve obrigada a sortear diariamente. Pensa en canto colaboras ou se ti mesmo es unha barreira.

Observa a túa contorna, os parques, as rúas, os edificios. Observa os cidadáns que comparten contigo as mesmas beirarrúas, o mesmo autobús, a mesma rutina.

Non todos contamos coas mesmas facilidades. Moitas persoas padecen algún tipo de discapacidade. Moitas outras poderían padecela nalgún momento da súa vida. Todos perdemos facultades co transcurso dos anos… Convertamos A Coruña nunha cidade máis habitable.

Escoita, mira e participa

Escoita as persoas con algún tipo de discapacidade, os seus amigos, familiares, as asociacións. Escoita a todos os que teñen algo que dicir, aínda que non o poidan expresar verbalmente.

Mira de novo ao teu arredor e fíxate nos detalles. Cun mínimo de interese, podes mellorar a vida de moitos:

  • Presta a túa axuda a quen creas que poida necesitala.
  • Respecta os espazos reservados no autobús e cede o teu asento cando resulte necesario.
  • Respecta as prazas de aparcamento.
  • Respecta as quendas nas colas…
  • Evita os biombos e calquera elemento que obstaculice a comunicación.
  • Fala de fronte e coa cara despexada a unha persoa xorda.
  • Indícalle a dirección a unha persoa cega.
  • Se dispós dun establecemento, evita as escaleiras e os accesos complicados. Ou engade ramplas e amplía os espazos.
  • Se tes un restaurante e atendes a persoas con certa discapacidade visual, crea contraste entre a vaixela e o mantel (branco/ negro), dispón de cartas con corpo de letra grande…

Só é cuestión de respecto e empatía.

Buscador

Arquivo aberto

Busca rueiro

Mapa lupa

Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.