CMIX: Centro Municipal de Información Xuvenil

Actividades

Denominación Requisitos Datas Prezo / Dotación Información
Axudas para participar nos programas Conecta con Galicia e Conecta co Camiño
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega.
  • Ter a nacionalidade española.
  • Ter a súa residencia habitual no estranxeiro.
  • Atoparse vinculadas con calquera concello galego no padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE), cunha antigüidade mínima de 12 meses.
  • Non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio e carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa.
  • Para optar ás prazas con financiamento do 100 %, o importe total dos ingresos e rendas que perciban todos os membros da unidade familiar, non poderá superar o límite da cantidade que resulte do dobre da base de cálculo da prestación por razón de necesidade aprobada no ano 2024 para o país de residencia ou, no caso de residir en Europa, do salario mínimo interprofesional no país de residencia para o ano desta convocatoria, multiplicado polo número de persoas que convivan menos unha. As persoas interesadas que entendan que os ingresos da unidade familiar superan ese tope deberán optar por unha das prazas ofertadas na modalidade de copagamento. 
  • Programa Conecta con Galicia:
    • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 17 anos durante todo o programa, isto é, deberán ter feitos 16 anos ao inicio do campamento e non poderán cumprir 18 antes do 29 de xullo.
    • Non ter participado en edicións anteriores deste programa.
    • Saber nadar.
  • Programa Conecta co Camiño:
    • Ter unha idade comprendida entre os 18 e 20 anos na data de inicio do programa.
    • Non ter participado en edicións anteriores en ningún programa convocado pola Secretaría Xeral da Emigración.
Data: Data de inscrición Ata o 20/05/2024

Prazas ofertadas na modalidade de copagamento: 800 €, se residen en América, e 250 € se residen en Europa.

Os programas inclúen: a organización da viaxe, os traslados en avión das persoas participantes, o desenvolvemento das actividades, o transporte daquelas persoas que realicen un retorno inmediato ata o aeroporto de saída, os servizos de aloxamento e manutención en réxime de pensión completa, e o material necesario para o desenvolvemento das actividades.

  • Conecta con Galicia: 50 prazas para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 16 e os 17 anos, para participar nun campamento xuvenil, do 15 ao 29 de xullo, no albergue Gandarío en Bergondo (A Coruña).
  • Conecta co Camiño: 60 prazas para mozos e mozas residentes no estranxeiro, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos, para participar nun programa de actividades deportivas e socioculturais relacionadas co Camiño de Santiago, que se desenvolverá entre o 19 e o 31 de xullo. Durante toda a súa estadía en Galicia as persoas participantes aloxaranse na residencia xuvenil Altamar en Vigo.

Contacto:

Secretaría Xeral da Emigración

Rúa dos Basquiños, nº 2. 15781 Santiago de Compostela

Teléfono: 981 545 882

Email: accion.social.emigracion@xunta.gal

Publicación:

Programa Conecta con Galicia:

Programa Conecta co Camiño:

Campus de Verán XuvenCiencia da USC
  • Alumnado de 4º ESO, Bacharelato e/ou ciclos medios de FP
  • A idade máxima é 19 anos.
Data: Dende o 30/06/2024 ata o 06/07/2024Data de inscriciónDende o 03/05/2024 ata o 12/05/2024

250 € para o Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de serán e noitiña Lumieira Acompaña e con aloxamento.A matrícula inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, así coma o diploma de participación da USC. Ademais, inclúe a pensión completa desde o domingo 30 de xuño ao sábado 6 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.

O programa do Campus de Verán XuvenCiencia céntrase na realización de proxectos científicos e obradoiros e complétase con outras actividades como xincanas, visitas, concursos, etc.

Oferta actividades nos ámbitos científico-técnico e científico-social, así como no campo das artes e das humanidades. O reparto de ditas actividades faise segundo as preferencias indicadas na preinscrición. A partir das 18:00 h levaranse a cabo actividades lúdicas dentro do programa de lecer Lumieira Acompaña.

Preinscrición: na web https://xuvenciencia.org/campus

A metade das prazas ofertadas adxudicarase por orde de recepción de solicitudes, mentres que o resto serán sorteadas entre todo o alumnado inscrito.

Contacto:

XuvenCiencia USC