Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Compañía de Tranvías da Coruña

Titularidade:

  • A planificación, xestión e control deste servizo correspóndelle ao Concello da Coruña.
  • A empresa concesionaria é Tranvías da Coruña SA.

 

Trazado das liñas:

  • O Concello establecerá as características deste transporte fixando o número de liñas, itinerarios, frecuencias, número de vehículos e paradas.
  • Todas as modificacións referentes ás características deste transporte deberán ser aprobadas polos órganos municipais competentes.

Consulta de itinerarios.

 

TARIFAS

  • Billete bus: 1,27 €.
  • Tarxeta Millennium xeral: 0,82 €.
  • Tarxeta Millennium Universitaria: 0,30 €.
  • Tarxeta Millennium Social (pensionistas, desempregados, escolar e persoas con discapacidade): 0,33 €.

 

Servizo de información a través do teléfono móbil

Este servizo ofrece a posibilidade de consultar información sobre a parada, información sobre a parada e a liña e información sobre a parada, liña e vehículos adaptados.

O custo da mensaxe é de 18 céntimos (IVE incluído).

Información sobre a parada:

O usuario deberá enviar dende o móbil unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA e o número desta (por exemplo PARADA 5) e de forma inmediata recibirá un sms detallando a listaxe de autobuses que chegan a esa parada e o tempo estimado de espera de cada un deles, ademais, indicaranse cun A os autobuses adaptados para persoas con discapacidade.

Información sobre a parada e a liña:

O usuario deberá enviar unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA, o número desta e o da liña de autobús (por exemplo PARADA 5 7), inmediatamente recibirá un sms que o informará do que tardará en chegar ese autobús á parada indicada.

Información sobre a parada, a liña e os autobuses adaptados:

O usuario deberá enviar dende o móbil unha mensaxe ao número 215000 co texto PARADA, o número desta, o da liña de autobús e a letra A (por exemplo PARADA 5 7 A), de forma inmediata recibirá un sms no que será informado do tempo estimado de chegada á parada, do autobús adaptado para persoas con discapacidade da liña indicada.

 

SERVIZO DE INFORMACIÓN A TRAVES DA APLICACIÓN WEB ITRANVÍAS

Este servizo permite consultar a través do navegador de calquera teléfono móbil información sobre as liñas de autobús con respecto a unha parada.

Para realizar esta consulta é necesario acceder á páxina web: www.itranvias.sistemasolton.com

 

PUNTO DE INFORMACIÓN DE MOBILIDADE URBANA (PIMUS)

Punto de información integrado na marquesiña onde os usuarios poderán consultar nunha pantalla os tempos de chegada dos autobuses, hora e temperatura, así como vídeos de promoción municipais. 

Localización:

  • Rúa Torre (á altura do núm. 63).
  • Avda. Xeneral Sanjurjo (á altura do núm. 39).
  • Avda. de Montoto (Porta Real).



REDE URBANA EFICIENTE - SISTEMA DE PRIORIDADE BUS

O sistema de prioridade de bus, incluído dentro da Rede Urbana Eficiente, implantouse nalgúns semáforos e permite regular a frecuencia de cambio dos discos para facilitar a circulación dos autobuses atrasados. Este sistema actívase automaticamente, aínda que tamén se pode controlar manualmente dende a sala de pantallas de control semafórico, grazas a un dispositivo GPS que levan instalados os autobuses e que emite un sinal ás antenas receptoras dos semáforos. Este sistema detecta o paso do bus e modifica a regulación semafórica da intersección para favorecer o seu paso pero só se os autobuses van con atraso.

Este sistema implantouse na Rede Eficiente, tramo comprendido entre a Avenida Fernández Latorre (Catro Camiños) e a Praza de Pontevedra (pasando polas rúas Federico Tapia, Rosalía de Castro e Francisco Mariño).

 

Director xeral: Javier Contreras.

 

Normativa:

Ordenanza Municipal de Transportes (Título II - Do transporte urbano colectivo de viaxeiros na cidade da Coruña).

Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, publicada no BOE núm. 80 do 3 de abril de 1985.

Regulamento de Réxime Interno do 1 de decembro de 1986.

Pódese atopar nas seguintes categorías: