EXPOCORUÑA - Recinto feiral da Coruña
EXPOCoruña é pensar diferente, descubra o novo espazo para expoñer as súas ideas, para montar a súa feira, o seu congreso, a súa reunión, para organizar un concerto ou un espectáculo... Dende o acceso principal ao atrio pasando polo auditorio, dous prismas, unha galería, con áreas para locais e oficinas comerciais, aulas, cafetería, restaurante aberto todo o ano, área de descanso-lounge área...
Os nosos recursos á súa disposición…
Humanos
Organizadores profesionais de congresos, técnicos de protocolo e relacións públicas, azafatas, guías turísticos, intérpretes, técnicos de audiovisuais, persoal de vixilancia, persoal de limpeza, asistencia médica, fotógrafo.
Técnicos
Ordenadores persoais e periféricos, WI-FI, vídeo conferencia, telefonía liñas ADSL, liñas RDSI, fax, canón de luz, focos de luz escenario, proxectores de vídeo, diapositivas, documentos opacos, transparencias, reprodutores DVD e CD, monitores, pantallas de plasma, pantallas de proxección, plasma wall, gravación audio e vídeo, micrófonos, gravadoras, tradución simultánea fixa, equipo de tradución móbil, receptores, fotocopiadoras, flip charts, walkie talkies, racks de prensa.
Decoración e montaxes especiais:
Escenografías, tarimas, moqueta, elevador motorizado, adornos florais, ambientación musical, almacenamento de mercadorías.
Outros
Acceso a discapacitados, aparcadoiro, gardarroupa, cafetería, restaurante, servizo de cátering, aluguer de salas, salas VIP, sala de prensa, aluguer de coches, cambio de moeda, tarxetas de crédito.