Sala Mardi Gras
Logo Mardi Gras
Mardi Gras naceu coa idea de ser algo totalmente distinto ao que ata agora se vira na Coruña.
Buscabamos crear un bar onde se puidese tomar unha copa escoitando bo blues, country e rock, nun ambiente acolledor e directamente emparentado con Nova Orleáns e os seus garitos de lenda. Un sitio onde estar a gusto e gozar da música.
Así, dende o 16 de novembro de 1999 pasaron polo noso escenario xente como: Tonky Blues Band, Dan Bern, The Yayhoos, The Streetwalkin' Cheetahs, Oh Well!, Lagartija Nick, Sonny Vincent, The Handsome Family, The Flaming Sideburns, Sin City Six, B-Movie Rats, Tyla, B-Violet, Buddy Miles,... e un longuísimo etc...