Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Murallas da Cidade Vella

As murallas da Cidade Vella correspóndense co primitivo asentamento da cidade, e están declaradas Monumento Histórico - Artístico. No seu interior alóxanse a maior parte dos edificios históricos, e as súas rúas conservan aínda o seu antigo trazado, así como un gran número de casas de porte antigo.

As fortificacións que protexían o recinto da Cidade Vella tiveron a súa orixe no reinado de Enrique III, nos últimos anos do século XIV. Consérvanse restos das Murallas Defensivas así como tres portas que abrían a cidade ao mar ao longo do Paseo do Parrote, fronte á baía. Tamén se conserva o baluarte coñecido como a Fortaleza Vella, que é o actual Xardín de San Carlos.

Seguindo o Paseo do Parrote encóntrase a muralla e Porta de San Miguel construídas en 1607 fronte ao Castelo de San Antón.

Porta do Cravo, que se encontra fronte ao Xardín de San Carlos, foi construída en 1676.

Porta da Cruz ou do Parrote, fronte ao Palacio da Capitanía Xeral, é tamén do ano 1676.

As portas do Parrote foron declaradas Ben de Interese Cultural dende 1944.

Pódese atopar nas seguintes categorías: