Vistas antigas de prazas, parques e xardíns
A Solana
Ano aproximado 195-?
A Solana

Os arredores da Torre de Hércules son un lugar ideal para gozar da natureza e contemplar intensas postas de sol en terra de ninguén.

A finais do século XIX o Concello acomete a ampliación da cidade co Ensanche. Este espazo aprovéitao a rica burguesía local para construír luxosas residencias á moda de Viena e París.

Os 9 quilómetros do Paseo Marítimo constitúen un espazo privilexiado de encontro da cidade co mar.

As rúas e prazas da Cidade Vella, 'A Cidade', como a denominan cariñosamente os seus habitantes, son testemuño do pasado glorioso da nosa cidade.

A Coruña dispón de arredor de 1.600.000 m² de parques e xardíns, o que supón un 4,5% da superficie total do municipio, neles encontran os cidadáns espazo para o relax e o esparexemento.