Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña
Fotografía dun centro comercial con decoración de Nadal.

Solo industrial

De utilidade

A rede industrial da Coruña céntrase en polígonos que, próximos e convenientemente comunicados, facilitan o desenvolvemento económico e desconxestionan a cidade.

Os parques da Grela-Bens, Pocomaco e Sabón, pódense considerar os principais puntos de apoio en canto a solo industrial se refire, pois neles concéntrase a meirande parte da produción comarcal con empresas coma a téxtil Grupo Inditex, a petroleira Repsol-YPF, a alimentaria Leyma (Grupo Leite Río) e a fábrica de cervexas Estrella Galicia.

Non obstante, a notable mellora das comunicacións terrestres, coa primeira e segunda coroas metropolitanas da Coruña, permitiu a inclusión doutros polígonos tan destacados coma o de Espírito Santo, Bergondo, Bértoa, Alvedro e Curtis-Teixeiro.

En total, na área de influencia da Coruña hai máis de once millóns de metros cadrados de solo industrial. A isto hai que engadir os máis de seis millóns de metros cadrados que se van crear nos próximos anos, o que nos permite afirmar que A Coruña é un importante centro industrial e de desenvolvemento. Precisamente estes polígonos industriais, que están en fase de tramitación e de próxima execución, supoñerán unha grande achega de solo industrial dispoñible que vai facilitar o establecemento de calquera empresa na contorna da Coruña.

Buscador

Directorio telefónico

Busca no directorio telefónico

Necesita localizar unha empresa ou entidade da cidade? Probe a localizala no noso directorio telefónico.

Busca rueiro

Mapa lupa

Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.