
Composición política
Composición política
O goberno e a administración autónoma do municipio correspóndenlle ao Concello, integrado polo alcalde e polos concelleiros. Estes últimos son elixidos mediante sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto, por períodos de 4 anos. O alcalde é elixido polos concelleiros en sesión plenaria.
Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:
- Pleno. Formado polo conxunto de concelleiros electos, presididos polo alcalde e asistidos polo secretario.
- O alcalde desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a vixente lexislación e, entre elas, a organización das áreas que integran o goberno municipal e dos departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal. Tamén é atribución do alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos tenentes de alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento.
- Tenente/s de alcalde. Substitúe o alcalde en caso de ausencia ou enfermidade. Función que realiza de forma independente á competencia que lle corresponda na área como edil.
- A xunta de goberno é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o alcalde e o pleno municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo alcalde, que a preside e os concelleiros nomeados libremente por el como membros dela, que son asistidos nas súas reunións polo secretario xeral da corporación.
- Comisións informativas. Estudan aqueles asuntos que son relevantes para o municipio e pásanlle, posteriormente, un informe ao pleno municipal, para a súa aprobación.
A nivel particular, cada un dos concelleiros que integran a xunta de goberno, mantén unha serie de competencias municipais propias con respecto á área da súa responsabilidade.
Buscador
Busca rueiro
Introduza o nome da rúa e/ou o número para realizar unha busca no rueiro.
Documentos de interese