Tributos
Posto que finalizou o envío dos instrumentos de cobro (recibos), correspondentes a tributos e taxas 2012, aos domicilios declarados polos suxeitos pasivos lémbraselles aos obrigados ao pago que por calquera causa non os teñan no seu poder, a necesidade de dispoñer dos ditos documentos para efectuar o ingreso na Caixa Municipal ou nos bancos e caixas de aforros que teñan o carácter de entidade colaboradora.
Para obter un duplicado pódense dirixir ás oficinas dos servizos da Área de Facenda do Concello, situadas na rúa Franja, 20-22, baixo, ou ben solicitalo no teléfono 010 de Información Cidadá (se a chamada se realiza dende fóra da cidade deberán dirixirse ao teléfono 981 18 42 78).
Tamén poderán cursarse as peticións ou descargar os recibos vía INTERNET, a través da carpeta do cidadán existente no portal web municipal (www.coruna.es).
O recibo enviarase por correo ao enderezo que se indique.
ADVERTENCIAS: a non recepción dos recibos non exime da obriga de pago nin impide a utilización da vía de prema.
Lémbrase que o prazo de ingreso en voluntaria finaliza o próximo día 30 de novembro.
IMPOSTO SOBRE BENS INMOBLES DO EXERCICIO 2013
Para aqueles suxeitos pasivos que se acolleron ao sistema especial de pago: data de cargo en conta: o 1 de abril de 2013.
PERÍODO DE INGRESO EN VOLUNTARIA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA, EXERCICIO 2013
Por Resolución da Tenencia de Alcaldía da Área de Facenda e Administración Pública, de data 13 de febreiro de 2013, estableceuse entre o 1 de marzo e o 30 de abril de 2013 o período de ingreso en voluntaria do seguinte tributo:
Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica, exercicio 2013
Durante o devandito prazo os obrigados ao pagamento poderán satisfacer as súas débedas a través de bancos e caixas de aforros que teñan o carácter de entidade colaboradora, no seu horario de costume, ou na Caixa Municipal sita na r/ Franja, 20-22, de 8.00 a 14.00 horas, agás sábados e festivos.
Advertencia importante.- Débito por domiciliacións:
ENTIDADES COLABORADORAS:
Transcorrido o período de cobramento en voluntaria sinalado, sen que se satisfixesen as débedas, iniciarase o procedemento de constrinximento de conformidade co disposto no artigo 69 e seguintes do Regulamento xeral de recadación e 83 da Ordenanza xeral de recadación municipal, coas recargas previstas no artigo 28 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, custas e demais conceptos que sexan esixibles.
Este anuncio ten o carácter de notificación colectiva ao abeiro do artigo 102.3 da Lei xeral tributaria.

Acceda directamente al servicio de pago online

Dende a Carpeta de tributos poderá consultar os seus datos sobre recibos, padróns, calendario fiscal e solicitar duplicados de recibos entre outras moitas opcións.