Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Solicitude Tarxeta Coruña Millennium

Que é?

A Tarxeta Coruña Millennium é a chave para pagar a túa viaxe en autobús, a O.R.A., ou empregar os servizos das bibliotecas municipais. En breve, esta mesma "chave" permitirache realizar trámites administrativos dende o teu ordenador, reservar instalacións municipais, sacar entradas para concertos de rock ou a Sinfónica e mil cousas máis.

Tipos de Tarxeta Millennium:

Existen varias modalidades de Tarxeta Millennium:

Tarxeta Millennium xeral

A expedición por primeira vez da tarxeta require aboar unha taxa de 3 euros para os empadroados do Concello da coruña e de 7 euros para os non empadroados.

A expedición dun duplicado é gratuíta no caso de deterioración técnica da tarxeta (sen responsabilidade do usuario) e para os supostos de roubo, perda ou extravío deberase aboar a taxa de 7 euros.

Tarxeta Millennium Social

A expedición por primeira vez da tarxeta é gratuíta.

A expedición dun duplicado é gratuíta no caso de deterioración técnica da tarxeta (sen responsabilidade do usuario) e para os supostos de roubo, perda ou extravío deberase aboar a taxa de 7 euros.

 

Beneficiarios:

  • Persoas físicas ou xurídicas estean ou non empadroadas no Concello da Coruña.
  • Menores de idade, neste suposto, o contrato debe ser asinado polo pai, nai ou titor legal.



Servizos:

A tarxeta consta de dous moedeiros diferentes e independentes:

  • Moedeiro Transportes
  • Moedeiro Servizos Municipais.

Moedeiro Transportes: 

Actualmente, está habilitado para o pago do billete de transporte urbano e proximamente, tamén se poderá utilizar no transporte metropolitano.

Este moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 60 euros.

Moedeiro Servizos Municipais:

Actualmente, utilízase para realizar o pago nos parquímetros da Zona ORA, para acceder aos servizos das Bibliotecas Municipais (como carné de socio) e ao servizo Bicicoruña.

En breve, poderase utilizar para pagar e acceder ás instalacións deportivas municipais, para pagar a entrada dos museos municipais e para pagar en aparcadoiros públicos.

O moedeiro pódese cargar cun mínimo de 5 euros e un máximo de 180 euros.


Normas de utilización:

  • Pódese recargar ou consultar os movementos da tarxeta nos caixeiros automáticos, nos terminais pay-cash que hai dentro das oficinas de Caixa Galicia (ten a vantaxe de poder recargar a tarxeta con diñeiro en efectivo) e en calquera oficina da dita entidade financeira.
  • A tarxeta pódese cargar cun límite mínimo de 5 euros e máximo de 60 euros para o moedeiro de transportes e de 180 para o moedeiro de servizos.
  • A carga do moedeiro non se poderá efectuar ata o día seguinte á súa obtención, podendo ao mesmo tempo trasladar o saldo, se o houbese, da vella tarxeta á nova e obter a fianza depositada coa entrega da antiga.
  • Os importes cargados no moedeiro de transporte da tarxeta, non poderán ser reclamados, traspasados, nin serán devoltos no caso de que non fosen utilizados polo titular.
  • O titular poderá cancelar o contrato no momento que estime oportuno, debendo entregar a tarxeta. Unha vez tramitada a baixa e entregada esta, poderá solicitar a devolución do saldo almacenado e non utilizado do moedeiro de servizos.
  • Nos casos de perda, subtracción ou uso por terceiros distintos do titular da tarxeta, este asume a perda do importe co que se encontre cargada esta.
  • O titular poderá traspasar a totalidade ou parte do saldo que en cada momento teña almacenado no moedeiro de servizos ao moedeiro de transporte; non obstante, non será posible traspasalo do moedeiro transporte ao moedeiro de servizos.

Que se necesita?

Contrato de solicitude debidamente cuberto e asinado.

Taxas da solicitude.

Onde se fai?

Lugar de tramitación:

  • Unidade de Transportes 
    Caballeros núm. 21 (Estación Autobuses) C.P. 15009 A Coruña.
  • Oficinas do Rexistro Xeral Municipal: 
    Concello da Coruña
       Praza de María Pita núm. 1, C.P. 15001 A Coruña.
    Fórum Metropolitano
       Rúa Río Monelos núm. 1, C.P. 15006 A Coruña.

Horarios:

Inverno (16 de setembro ao 14 de xuño):

Luns a venres de 08.00 h a 14.00 h.

Verán (15 de xuño ao 15 de setembro):

Luns a venres de 08.00 h a 13.30 h.

Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo do mes de agosto):

Luns a venres de 08.00 h a 13.00 h.

Tamén se pode solicitar a través da web dispoñendo dun certificado dixital.

Máis información

Tarxeta Millennium