Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Al Detalle

Trámite

Estes elementos poden ser de axuda

Solicitude online

Solicitude de certificado dixital

Que é?

É un documento dixital que contén, entre outros, os seus datos identificativos. Así, o certificado dixital permítelle identificarse en Internet e intercambiar información con outras persoas coa garantía de que só Vde. e o seu interlocutor poden acceder a ela.

Que se necesita?

O certificado dixital emprégase a través do seu propio navegador e non é necesaria a instalación de ningún programa adicional. Ademais, é gratuíto.

Cando solicita un certificado de usuario, o seu navegador xera un par de claves. A clave privada gárdase no seu navegador e a clave pública envíase á FNMT-RCM. A FNMT-RCM asignaralle un código de solicitude a esa clave que lle será remitido vía web. Entón deberá presentarse nunha oficina de acreditación co seu documento de identidade e o dito código. Finalmente, despois da acreditación, poderá proceder á descarga do certificado vía web. Este quedará instalado no seu navegador.

Onde se fai?

Oficinas de acreditación

  • Oficinas de rexistro na praza de María Pita
  • Delegación especial de Economía e Facenda da Coruña, r/ Comandante Fontanes, 10