Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Al Detalle

Trámites relacionados

Suxestións e reclamacións

Que é?

É o servizo que o Concello pon á disposición da cidadanía (persoas físicas e entidades) para que comunique as deficiencias percibidas e/ou as propostas de mellora en todos e cada un dos servizos municipais. A comunicación pódese facer a través do portal, do teléfono 010 ou nos rexistros municipais e puntos de atención ao público.

Que se necesita?

Para presentar unha suxestión ou reclamación e que esta sexa verificada e xestionada, non hai ningún requisito especial. Non obstante, para que naza o dereito a estar informado sobre a tramitación da comunicación, deberase cumprir co establecido no artigo 8 do Regulamento orgánico de suxestións e reclamacións: persoas físicas que estean empadroadas no municipio ou que aínda que non estean empadroadas teñan establecidas unha ou varias relacións tributarias periódicas co Concello, ou persoas xurídicas que teñan establecemento permanente no municipio. Así mesmo deberán dar os seus datos de identificación persoal no momento de formular a suxestión ou reclamación.

Onde se fai?

Medio presencial:

Os cidadáns poderán presentarse nas oficinas municipais establecidas para o efecto para formular as suxestións ou reclamacións que consideren oportunas. O dereito a utilizar este medio está condicionado ás dispoñibilidades horarias, materiais e persoais das oficinas municipais.

Medio non presencial:

  •  Telefónico: As suxestións ou reclamacións que se efectúan a través deste medio faranse chamando aos números de teléfono que para estes efectos se sinalen. (010)
  •  Medio escrito: A través deste medio os interesados poderán formular suxestións ou reclamacións axustándose na medida do posible ao modelo oficial de formulario que se deseñe para este fin.
  •  Medio electrónico: Na páxina web do Concello da Coruña instalarase unha caixa de suxestións e reclamacións a disposición de quen desexe formulalas.