Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Al Detalle

Trámite

Estes elementos poden ser de axuda

Solicitude online

Empadroamento, normas e obtención do volante ou certificado.

Que é?

Padrón municipal

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel. As certificacións que destes datos se expidan terán carácter de documento público e fidedigno para todos os efectos administrativos.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ao ano.

Que se necesita?

DOCUMENTACIÓN XERAL PARA INSCRICIÓN:

  • Impreso de inscrición do padrón asinada pola totalidade das persoas maiores de idade (non dispoñible en web).
  • Fotocopia do DNI das persoas para inscribir. Presentarase a dos menores de idade se dispoñen del.
  • Libro de Familia ou documento que acredite a garda e custodia dos menores (se procede).
  • Xustificación da utilización da vivenda. 
No suposto de estranxeiros, segundo a Lei orgánica 14/2003, do 20 de novembro, sobre os dereitos e liberdades dos estranxeiros en España (art. 3º, punto 2), tamén deben proporcionar:
  • Tarxeta de Residencia en vigor ou pasaporte do país de procedencia, no suposto de cidadáns nacionais de estados membros da Unión Europea, doutros Estados parte no Acordo sobre o Espazo Económico Europeo ou de Estados aos que, en virtude dun convenio internacional se estenda o réxime xurídico previsto para os cidadáns dos Estados mencionados.
  • NIE ou pasaporte do país de procedencia, no caso de cidadáns de Estados non comprendidos no suposto anterior.

Altas:

Por omisión:

Realízase a alta por omisión cando residindo habitualmente no termo municipal , non se figure inscrito no padrón de ningún municipio.

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral.
  • Impreso específico no que se faga constar que non figuran ou descoñecen figurar inscritos no Padrón de Habitantes doutro municipio.

Por cambio de residencia procedente doutro municipio:

Por nacemento:

De oficio: unha vez inscrito o nacemento no Rexistro Civil o Concello realiza a alta cos datos que lle facilita o INE (Instituto Nacional de Estatística).

Por instancia de parte: presentando o Libro de Familia e DNI do pai ou a nai que require o empadroamento.

DOCUMENTACIÓN PARA PRESENTAR NOS DISTINTOS SUPOSTOS

Empadroamento nun domicilio no que xa hai persoas inscritas no padrón municipal:

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral excepto, a xustificación de utilización da vivenda.O impreso de inscrición autorizarao coa súa sinatura unha das persoas maiores de idade residentes na vivenda
  • DNI orixinal da persoa maior de idade que autoriza

Empadroamento no domicilio dunha persoa que non está inscrita no padrón muncipal:

Normas para o empadroamento de menores:

Empadroamento dun menor nun domicilio distinto ao dos pais:

  • A totalidade dos documentos indicados no apartado documentación xeral excepto, a xustificación de utilización da vivenda 
  • O impreso de inscrición autorizarao coa súa sinatura unha das persoas maiores de idade residentes na vivenda
  • DNI do pai, nai ou titor legal
  • DNI orixinal da persoa maior de idade que autoriza
  • Impreso de cambio de domicilio ou de alta, segundo corresponda.
Se por calquera motivo un dos proxenitores non pode asinar o impreso do cambio de domicilio ou o de alta, debe presentar:

Se os menores se empadroan cos dous pais:

  • Deberán presentar sempre o libro de familia, para demostrar que son os pais

e o resto de documentación xeral.

Se os menores se empadroan só cun dos pais:

  • Deberán presentar sempre o libro de familia 
  • Deberán asinar os dous pais na solicitude de alta
  • A solicitude de alta doutro concello e omisión
  • Na solicitude de cambio de domicilio
  • Fotocopia DNI dos pais

e o resto de documentación xeral. 

Se os menores se empadroan só cun dos pais e o outro está ausente, (polo que non pode asinar:)

  • Deberán presentar sempre o libro de familia
  • Declaración responsable do proxenitor para inscrición ou cambio de domicilio de menores non emancipados
  • Fotocopia DNI dos pais

e o resto de documentación xeral. 

Se os menores se empadroan só cun dos pais por separación ou sentenza xudicial

  • Deberán presentar sempre o libro de familia
  • Sentenza xudicial onde a garda e custodia do menor estea confiada en exclusiva ao proxenitor que realiza a solicitude
  • Fotocopia DNI dese proxenitor

e o resto de documentación xeral.

Se os menores se empadroan cun dos pais que están incurso nalgún dos supostos de feito previstos nos artigos 103.1c) ou 152.3c) do Código Civil

  • Deberá achegar copia da autorización xudicial correspondente autorizando a inscrición ou o cambio de domicilio do menor
  • Fotocopia DNI do proxenitor

e o resto de documentación xeral. 

 

MODIFICACIÓNS

Por cambio de domicilio no propio Concello:

Trátase de alteracións de datos que figuran no Padrón que non afectan á condición de residente habitual. 

Datos persoais:

Trátase de variacións nos datos persoais posteriores á inscrición, así como as que se derivan da corrección de erros materiais.

  • Copia do documento no que figuren os datos que se pretenden modificar (DNI, partida de nacemento, libro de familia, título académico, etc.).



BAIXA NO PADRÓN MUNICIPAL

Baixa por defunción:

Unha vez inscrita a defunción no Rexistro Civil o Concello realiza a baixa de oficio cos datos que lle facilita o INE (Instituto Nacional de Estatística).

Baixa por traslado de residencia a outro municipio:

Presentarase a alta no municipio de destino e no municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).

Baixa por traslado de residencia ao estranxeiro:

Presentarase a alta no Rexistro de Matrícula da Oficina ou Sección Consular de destino e o municipio de orixe realiza a baixa cos datos que lle facilite o INE (Instituto Nacional de Estatística).



CERTIFICADOS DE PADRÓN

Documentación para presentar

A solicitude poderaa formular un representante presentando o orixinal do DNI do interesado ou unha autorización del.

  • Se se trata dun menor, presentarase o Libro de Familia ou documento que acredite a garda e custodia del.
  • Impreso de solicitude.

Suposto de persoa falecida

  • DNI do defunto ou acreditar un interese lexítimo no trámite, exhibindo o Libro de Familia, testamento, declaración de herdeiros ou documento análogo. Se non se puidese entregar algún dos documentos anteriores e, sempre e cando o falecido estivese empadroado co solicitante, o DNI deste último.
  • Impreso de solicitude.

Expedición do certificado

O certificado emítese no momento, excepto para os seguintes supostos:

  • Para xustificar o cobro dunha pensión que percibe un cidadán estranxeiro, residente en España, do seu país de procedencia.
  • Para xustificar o cobro dunha pensión procedente doutro país, que percibe un cidadán español residente en España.
  • Para trámites de adopción nacional e internacional.


XUSTIFICANTE OU VOLANTE DE EMPADROAMENTO

Documentación:

  • Fotocopia do DNI, Libro de Familia, Pasaporte, carné de conducir ou documento identificativo de carácter público e valor análogo.

Quen acredite un interese lexítimo (en principio, as autoridades públicas ou os xuíces e tribunais) poden solicitar o volante de empadroamento doutra persoa.

Este volante pódese solicitar no apartado de trámites online na páxina web municipal: www.coruna.es

Onde se fai?

Oficinas do Rexistro Xeral Municipal:

  • Concello da Coruña
    Praza de María Pita, núm. 1. CP: 15001. A Coruña.
  • Fórum Metropolitano
    Rúa Río de Monelos, núm. 1. CP: 15006. A Coruña.
  • Centro Sociocultural Ágora
    Rúa Ágora, s/n. C.P.: 15001. A Coruña.

Información adicional

XUSTIFICACIÓN DE UTILIZACIÓN DA VIVENDA.

Vivenda en propiedade:

  • Escritura ou documento privado de compravenda.
  • Contrato ou último recibo dalgún dos servizos de: auga, gas, telefonía no que figure o domicilio a nome de, polo menos, unha das persoas que solicitan o empadroamento.

Vivenda en alugueiro (é suficiente con entregar un dos 3 documentos):

  • Contrato de alugueiro, cunha antigüidade máxima de cinco anos ou último recibo de alugueiro, cunha antigüidade máxima de seis meses.
  • Contrato ou último recibo dalgún dos servizos de: auga, gas, telefonía no que figure o domicilio a nome de, polo menos, unha das persoas que solicitan o empadroamento.

Máis información