Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Al Detalle

Trámite

Estes elementos poden ser de axuda

Solicitude online

Alta e baixa no servizo de auga

Que é?

Solicitude de subministración de auga para un domicilio ou empresa.

Que se necesita?

Altas

Para realizar este trámite, o predio dispoñerá de acometida de auga.

Documentación para presentar

  1. Fotocopia do Documento Nacional de Identidade.
  2. Fotocopia do documento que acredite o dereito a ocupar o terreo (escritura de propiedade, contrato de arrendamento, etc.).
  3. Boletín de instalacións interiores, expedido por un instalador autorizado.
  4. Datos bancarios, se se desexa domiciliar as facturas.
  5. Importe da contratación, que ascende a 11,53 euros, impostos incluídos. O devandito importe poderá ingresalo, ben en efectivo, ben mediante tarxeta de crédito. Tratándose dunha alta a través de Emalcsa online admítese a domiciliación bancaria; é dicir, domiciliando na conta do cliente o importe da fianza.
  6. En locais comerciais, fotocopia da Licenza Municipal de Apertura.
  7. En caso de realizarse a alta mediante o servizo online, a contratación considérase rematada cando EMALCSA cobre a fianza e reciba por correo os documentos solicitados.

Baixas

Documentación para presentar

  1. Solicitude ao respecto indicando nela o número de contrato así como un enderezo postal a onde se lle enviará a factura da liquidación.
  2. Orixinal ou fotocopia do último recibo aboado.

No suposto de que o contador se encontre no interior do domicilio ou local comercial, deberá figurar na solicitude un día e hora para levar a cabo a baixa.

Onde se fai?

  • Presencial, nas oficinas da Empresa Municipal de Aguas de La Coruña ( EMALCSA).
  • Por medio do servizo de atención telefónica.
  • A través de internet dentro de trámites online.

Teléfono

981 242 322

Información adicional

Información obtida a través de:

  • Telefonicamente chamando a EMALCSA.

Máis información