Portal Web del Ayuntamiento de La Coruña

Tarxeta bus Millennium escolar

Que é?

A través da tarxeta bus escolar, os seus beneficiarios obterán descontos pola utilización do servizo público de transporte urbano e metropolitano.

Que se necesita?

Requisitos:

  • Ter entre 3 e 25 anos de idade.
  • Estar empadroado no Concello da Coruña cunha antigüidade mínima de seis meses.
  • Estar matriculado en centros de estudos homologados polo Ministerio competente en materia de educación do Estado ou pola consellería competente en materia de educación da Xunta de Galicia, situados no termo municipal para o alumnado que estea cursando ensino obrigatorio; para o resto, serán válidos centros que, aínda non estando situados no Concello da Coruña, impartan cursos aos que non se ten acceso no termo municipal, ben por non haber praza, en cuxo caso deberá acreditarse, ou pola inexistencia deles.
    Relación de centros de ensino válidos. 
  • Os estudos cursados deben ter 15 ou máis horas lectivas á semana, coa excepción dos estudantes da Universidade a Distancia (UNED), aos que este último requisito non lles é esixible (para a xustificación deste punto presentarase un certificado do centro en que se cursen os estudos).
  • Ter unha renda anual inferior a 40.000 € brutos por unidade familiar, sendo incrementada esta cantidade en 5.000 € por cada fillo a maiores do solicitante.
    Nos supostos de separación, divorcio, parellas de feito ou parellas que non teñan a consideración de parellas de feito, a renda anual bruta por unidade familiar non poderá superar 24.000 €, incrementada en 3.000 € por fillo a maiores. 
  • No caso de encontrarnos fronte a supostos de separación, divorcio, parellas de feito ou parellas que non teñan a consideración de parellas de feito, atenderase á renda do pai ou nai co que conviva o solicitante e a dos demais membros da unidade familiar.

 

Documentación (solicitude por primeira vez e renovación):

  • Impreso de solicitude normalizado.
  • Orixinal e copia da matrícula do centro escolar a excepción dos alumnos menores de 16 anos (aínda cando non cumprisen os 16 anos, pero si que os cumpran dentro do ano natural da tarxeta, independentemente da data, deben presentar a matrícula).
    Non serán válidas as reservas de praza ou as solicitudes de matrícula. 
  • Fotocopia do DNI do interesado (a excepción dos menores de 14 anos que non dispoñan del).
  • Fotocopia do DNI do pai, nai ou titor legal (só se o interesado é menor de idade).
  • Declaración, asinada por todos os membros da unidade familiar, en que se autoriza o Concello ao acceso dos datos fiscais necesarios para comprobar que se cumpren os requisitos establecidos (facilítase no lugar de tramitación ou pódese descargar da páxina web: www.coruna.es).  
  • Todos aqueles escolares que teñan na súa posesión unha Tarxeta Millennium deberán presentala no momento en que lle confirmen a concesión para cargar a subvención.
No caso de pais divorciados, deben presentar a declaración en que se autoriza o Concello ao acceso dos datos fiscais do que conviva co menor e o convenio regulador ou a sentenza xudicial, estes últimos, só no caso de que na declaración do IRPF figuren os dous proxenitores ou que no campo estado civil apareza como casado (aínda que a declaración sexa individual).

 

Validez: un ano a partir da data de expedición.

 

Notas aclaratorias sobre a solicitude.

 

Definición de unidade familiar.

 

Roubo, perda ou deterioración:

En caso de roubo, perda, deterioración ou mal funcionamento da tarxeta pódese solicitar un duplicado ou a súa reparación (segundo proceda), en calquera caso, é necesario que o titular comunique coa maior brevidade posible (de forma presencial ou telefonicamente) a perda da tarxeta para que se poida bloquear.

Substitución da tarxeta por deterioración técnica desta 

No suposto de que a substitución da tarxeta se produza por deterioración técnica desta, sen responsabilidade do usuario, non é necesario aboar ningunha taxa e a tarxeta expídese no momento.

Substitución da tarxeta por neglixencia do usuario ou roubo

No suposto de que a substitución da tarxeta se produza por neglixencia do usuario (perda ou deterioración física desta) ou roubo é necesario aboar a taxa establecida, 7 euros, €, (Ordenanza fiscal núm. 1, epígrafe 1.11.4).

Ao solicitar o duplicado da tarxeta facilitarase o impreso de autoliquidacións; unha vez aboada a taxa (na Caixa Municipal ou en calquera das oficinas de Novagalicia Banco) o usuario debe dirixirse co xustificante de pago á oficina de tramitación para a expedición da tarxeta.

 

Onde se fai?

Solicitude por primeira vez, renovación, roubo, perda ou deterioración:

Teléfono

981 184 200

Información adicional

Normas xerais:

  • Cada viaxe custa 0,33 €.
  • A nova tarxeta é gratuíta para os titulares que reúnan os requisitos deste título de transporte. A tarxeta escolar será de renovación anual, logo da comprobación previa dos requisitos esixidos, gozando da subvención sen límite de viaxes durante tal período. 
  • Transbordo permitido entre liñas gratuíto (máximo 45 minutos).

Máis información

Rexistros municipais