Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de maio de 2024

Campamentos urbanos nos centros cívicos. Verán 2024

Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020. As datas de preinscrición son os días 20, 21 e 22 de maio.

PERSOAS DESTINATARIAS

Para nenas e nenos nados do 1/1/2012 ao 31/12/2020.

Ofértanse prazas para menores con diversidade funcional en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter sanitario.

*Existen bolsas e reserva de prazas para menores usuarias/os dos programas sociais municipais.

CALENDARIO

Preinscrición: 20, 21 e 22 de maio en:  Preinscrición nos campamentos urbanos de verán

A preinscripción deberase facer a través dun formulario.

Aquelas persoas que non dispoñan de medios informáticos para realizar a preinscrición e inscrición por vía telemática poderán chamar ao número 682 054 561 (tres liñas de atención) en horario ininterrompido das 9.00 ás 20.00 horas.

Un/unha mesmo/a menor pode solicitar, indicando a orde de preferencia, ata tres quendas de campamento urbano, no mesmo centro cívico ou en centros cívicos diferentes.

*Non se poden solicitar as mesmas quendas en centros cívicos diferentes. No caso de detectarse as mesmas peticións para un/unha mesmo/a menor en varios centros cívicos, anularánselle todas.

**No momento no que se formalice a preinscrición, a/o interesada/ou recibirá un correo electrónico co resumo da dita preinscrición.

***A preinscrición dos/as menores que soliciten praza de diversidade funcional acompañarase dunha ficha de coñecemento persoal para menores con diversidade funcional que lle permitirá ao monitorado coñecer e planificar os apoios necesarios para unha correcta atención do/a menor e será adicional ao formulario de inscrición.

****Os nenos e nenas que soliciten praza de diversidade funcional terán unha numeración e un sorteo propio.

*****Os irmáns ou irmás deberanse anotar de forma correlativa. Se non é así, non se garantirá que estean xuntos/as.

******No caso de que haxa duplicidade nalgunha solicitude por realizala dúas persoas distintas ou a mesma para un/unha mesmo/a menor terase en conta a realizada en último lugar.

Publicación de listaxes de menores preinscritas/os: 31 de maio.

As listaxes poderanse consultar nas webs: coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais así como no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Reclamacións: 31 de maio, 1 e 3 de xuño.

Núm. de teléfono 682 054 561. En horario das 9.00 ás 20.00 horas

O día 1, sábado, o horario será das 9.00 ás 14.00 horas.

Sorteo das prazas: 5 de xuño

Publicación de listaxes de admitidas/os: 11 de xuño nas webs coruna.gal/campamentos2024 e coruna.gal/servizossociais, no 010 ou nas portas dos centros cívicos.

Inscrición e aboamento: do 11 ao 17 de xuño

Se un/unha menor resulta admitido/a e ten irmáns ou irmás cun número correlativo de preinscrición, ben sexa anterior ou posterior, todas/os obterán praza.

*Requirirase un número mínimo de 9 participantes por grupo para formalo.

**Unha vez formalizada a inscrición, non se terá dereito á devolución da cota do campamento excepto por causas imputables ao prestador do servizo.

***A inscrición supón a aceptación e o estrito cumprimento do horario do campamento no que se inscribiu. O feito de non cumprilo poderá supoñer a perda da praza.

Listas de espera: en caso de quedar prazas vacanntes avisarase telefonicamente a partir do 18 de xuño.

QUENDAS

1.ª quenda: do 1 a 14 de xullo

2.ª quenda: do 16 a 31 de xullo

3.ª quenda: do 1 a 14 de agosto

4.ª quenda: do 16 a 30 de agosto

5.ª quenda: do 2 a 10 de setembro

HORARIO

Xeral: de luns a venres das 10.00 ás 14.00 h

Ampliado: de luns a venres das 09.00 ás 14.30 h

Os días festivos non haberá campamento.

ESPAZO DE REALIZACIÓN

En horario xeral e ampliado en todas as as quincenas nos seguintes centros cívicos: Castrillón, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Novo Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego.

En horario xeral nas dúas quincenas do mes de xullo no seguintes centros cívicos: Feáns, San Pedro de Visma, A Silva, Artesáns, Sagrada Familia, Santa Lucía e Pescadores.

NÚM. DE PRAZAS

2.250 prazas

COTA DE INSCRICIÓN

26,00 € para horario xeral

32,00 € para horario ampliado

*Número de conta para realizar o pago ES98 2085 8313 8203 3027 0923

O xustificante do pago subirase á web así como aquela documentación que sexa requirida. As persoas que realicen a inscrición por teléfono terán que enviar o xustificante de pago ao correo: vitae.coruna@grupovitae.com

Se se desexa obter factura do pago deberase marcar o cadro correspondente ao realizar a solicitude. A factura emitirase a nome da persoa que faga a solicitude.

CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN

As persoas participantes deben comprometerse co cumprimento dunha serie de requisitos esenciais de carácter sanitario e legal a través dun documento de aceptación de condicións de participación, obriga de información e consentimento informado. Este documento terá que ser asinado e ser entregado antes do inicio do campamento pola nai, pai ou responsable legal do/a menor.

+ INFORMACIÓN E INSCRICIÓN EN: CORUNA.GAL/CAMPAMENTOS2024 E CORUNA.GAL/SERVIZOSSOCIAIS

Todos os documentos e formularios necesarios están na web www.coruna.gal/campamentos2024

Documentos:

Folleto informativo dous campamentos urbanos (357 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión