Concello da Coruña

Concello da Coruña

Mobi-Liza

Mobi-Liza únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade

Mobi-Liza é unha asociación que ten como obxectivo promover e defender unha mobilidade sostible e responsable en todos os ámbitos, mediante a investigación e sensibilización social.

Na Semana Europea da Mobilidade, realizou diferentes actividades como:

- Paseo de bicis antigas da Coruña: realizouse a súa terceira edición e consolidouse xa como unha das citas ciclistas retro de referencia en Galicia. Contou coa participación dunhas 25 persoas, maioritariamente da provincia da Coruña. As/os participantes puideron gozar dun percorrido pola cidade, un pícnic ao aire libre e o visionado da película "El alma de un ciclista". Foi valorado moi positivamente polas persoas asistentes, que mostraron o seu interese polo calendario ciclista retro para participar noutras marchas e marchas ciclistas antigas.

- Xornadas formativas de educación viaria para usuarios/as de BiciCoruña: tiveron unha participación moi variable. As persoas asistentes puideron comprender nocións básicas de carácter teórico en relación coa ergonomía, a seguridade e a normativa e a bicicleta.

- Proxección do documental Riders e mesa redonda: destacouse a realización dun debate no que participaron múltiples axentes vinculados á distribución de bicicletas, con diferentes puntos de vista e roles.

- Proxección do documental "Los caballitos a pedales": o evento organizado por Mobi-liza foi o de maior participación e superou as expectativas. O recordo desta atracción para moitas persoas, naquela época, nenos/as da Coruña e a súa comarca explica o éxito desta actividade.

- Talleres de ergonomía e mecánica básica na rúa Santo André: con motivo da peonalización da rúa Santo André durante o día sen coches, realizouse un taller de ergonomía e mecánica básica de bicicletas. Así, as e os transeúntes podían asistir a microformacións nestas zonas.

- Entrega de bicicletas desde a UDC e ruta ata a rúa Santo André. Realizouse a xornada anual de entrega de bicicletas do servizo de préstamo da UDC. As persoas beneficiarias do programa puideron recibir formación básica en seguridade, ergonomía e normativa antes da entrega das bicicletas. Ao final do día, realizouse unha visita guiada ao centro da cidade para coñecer a ruta para seguir para chegar á universidade.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión