Concello da Coruña

Concello da Coruña

Circuíto de habilidades

No marco da Semana Europea da Mobilidade, uníronse no Obelisco da Mobilidade, a DXT con ACouVMP nunha demostración dun circuíto de habilidades.

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade, Francisco Díaz Gallego, asistiu ao circuíto de habilidades, Seguridade viaria e iniciación aos VMP e bicicletas organizado no Obelisco da Mobilidade pola DXT e a Asociación Coruñesa de Usuarios de VMP.

As persoas encargadas desta actividade explicábanlles ás persoas participantes, a través do circuíto, que habilidades tiñan que desempeñar para conseguir completalo.

Unhas 80 persoas participantes gozaron deste evento. As persoas instrutoras explicábanlles e axudaban na súa iniciación ao mundo dos VMP e bicicletas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión