Concello da Coruña

Concello da Coruña
  • Inicio

Concerto de Zarzuela polo XXV Aniversario da Escola

Comeza a gala coa directora presentando o concerto. Puidemos gozar de varias pezas entre elas "Xota dos Estudantes" da obra “O Barberillo de Lavapiés”, “Tríou das Viúvas” de “A Corte de Faraón” ou “Coro de Chisperos” “A Calesera". Ao final houbo unha gran ovación por parte do público.

Mellores momentos Gala XXV Aniversario

O pasado venres 19 de abril tivemos a gala con motivo da celebración do XXV Aniversario da escola.

Ao comezo da gala puidemos ver un vídeo resumen dos nosos 25 anos que podes volver ver picando aquí.

Despois do vídeo tivemos a intervención da directora, Elena Umbría, e da alcaldesa da Coruña.

Comezando coas actuacións puidemos escoitar música jazz e moderna, aos nosos alumnos máis pequenos de música e movemento, tradicional e ao noso coro lírico.

Axenda concertos

  • Concerto de fin de curso

    Cando:

    O 5 de xuñ de 2024

    O día 5 de xuño celebraremos o concerto de fin de curso da escola no Ágora ás 17.30 h.

  • Concerto de baixos e chelos

    Cando:

    O 11 de xuñ de 2024

    Audición de Baixos e Chelos do alumnado de Pachi Cruz na aula Magna da Escola. Preme aquí para máis información.

  • Audición de Acordeón

    Cando:

    O 12 de xuñ de 2024

    Audición de Acordeón do alumnado de Gala Botnar na aula Magna da Escola. Preme aquí para máis información.

  • Concerto de Frauta e Agrupacións

    Cando:

    O 14 de xuñ de 2024

    Concerto de Frauta e Agrupacións do alumnado de Alicia Valle, na aula Magna da Escola. Preme aquí para máis información.

  • Concerto de Canto Lírico

    Cando:

    O 14 de xuñ de 2024

    Concerto do alumnado de Canto Lírico de Pablo Carballido e Ludmila Orlova na Igrexa das Capuchinas- Preme aquí para máis información.

Matrícula do curso 2024-25

ALUMNADO EXTERNO

Matrícula acodes admitidas 3 ao 7 de xuño

Como xa está finalizado o prazo de preinscrición, realizaremos a adxudicación de prazas ao longo desta semana, segundo os criterios establecidos para iso.

Cando teñamos todo o sorteo finalizado, irémosvos informando a través de correo electrónico a tod@s os que realizastes a preinscrición, tanto se estades admitide@s coma se non.

No caso de estar admitide@s dirémosvos en que instrumento, día e hora, e darémosvos as instrucións para poder realizar a matrícula para o curso 24-25, entre o 3 e o 7 de xuño.

Se non estás admitide@, non te preocupes, porque unha vez finalice o proceso de matrícula externa, podería quedar algunha vacante que fose do teu interese. Se é así, poñerémonos en contacto telefónico.

PRÓXIMOS EVENTOS

Contacto

TELÉFONO: 981 226 752

CORREOS ELECTRÓNICOS:

DIRECCIÓN: direccionem@coruna.gal

XEFA DE ESTUDOS: jefaturaem@coruna.gal

ADMINISTRACIÓN: administracionem@coruna.gal

Horario

Apertura da escola: das 08.00 ás 21.30 horas

Lectivo: das 15.30 ás 20.30 horas ( xoves das 16.30 ás 21.30 horas)

Administración: das 09.00 ás 21.00 horas

Mapa da Escola:

· Aulas: AQUÍ.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión