Talleres
Xuvenil
De 14 a 16 anos
07/11/2015
Xa rematou
Dende o 31/10/2015 ata o 07/11/2015
De 12.00 a 13.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Dentro do ciclo de actividades en torno ás culturas orientais, verémonos TODOS OS SÁBADOS de novembro neste obradoiro de escritura creativa
Que teñen en común as películas, os contos, as novelas, algunhas cancións, o teatro, as series de televisión e os cómics? Pois... que contan historias!
Ven a este obradoiro onde descubriremos unha morea de contos orientais, a estrutura narrativa en 3 actos, a como crear escenas, etc
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible