Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corufest 2024: Encontro con Nando López

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto.

Cando:

10/05/2024

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#Corufest2024

Contacto:

O escritor e dramaturgo Nando López terá un encontro co público na Biblioteca Ágora no marco do festival Corufest 2024.

O venres 10 de maio, dentro da programación do Festival de Artes Escénicas pola liberdade afectivo-sexual #Corufest2024, o público xuvenil e adulto terá oportunidade de escoitar e dialogar na Biblioteca Municipal Ágora co novelista e dramaturgo Nando López (Barcelona, 1977).

Nando López é Doutor Cum Laude en Filoloxía Hispánica e desenvolveu a súa actividade profesional como docente de Educación Secundaria e Bacharelato no Ensino Público. Na actualidade dedícase exclusivamente á escritura.

No ano 2020 foi galardoado co Premio Gran Angular coa versión de Eric e finalista ao Premio Nadal 2010 con "La edad de la ira", convertida en serie para Atresplayer Premium. Na súa traxectoria narrativa destacan títulos como "Hasta nunca, Peter Pan", "Cuando todo era fácil" ou "El sonido de los cuerpos". Ademais, é autor de títulos xuvenís como "El río de las primeras veces", "Nadie nos oye" ou "Cuál es tu lucha".

La literatura no solo crea mundos, también rompe silencios

(...) sigo buscando historias que me emocionen y que permitan que quienes alguna vez nos hemos sentido invisibles, dejemos de serlo.

⇒Na ligazón ao catálogo das Bibliotecas Municipais, atoparás a bibliografía que temos dispoñible de Nando López.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión