Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XXVI Premio Desnivel de Literatura

Edicións Desnivel, co propósito de estimular a creación literaria en lingua española que reflicta os valores do montañismo, das viaxes e doutras formas de aventura na natureza, convoca o XXVI Premio Desnivel de Literatura de Montaña, Viaxes e Aventuras.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/06/2024

Requisitos:

  • Poderán participar escritores de calquera nacionalidade con obras narrativas ou ensaísticas escritas orixinalmente en lingua castelá, que respondan o espírito deste Premio.
  • Poderán presentarse obras orixinais inéditas. As obras non estarán suxeitas a compromiso algún de edición. Todas as obras presentadas non serían premiadas anteriormente. Tampouco poderán estar pendentes de fallo en calquera outro concurso na data en que finalice o prazo de presentación a este, nin poderán ser presentadas a outro certame ata que este sexa fallado.
  • As obras, cunha extensión non inferior a 60 folios, corpo de letra 12, interlineado sinxelo, deberán remitirse nun só arquivo (formato PDF, WORD) á dirección de correo premioliteratura@desnivel.com co asunto "XXVI Premio Desnivel de Literatura".

Remuneración / Custo:

3.000 € para a obra gañadora.

Páxina web:

www.desnivel.com

Contacto:

Edicións Desnivel

Rúa San Victorino, 8 (28025 - Madrid)

Tel.: 91 360 22 42

correo-e: premioliteratura@desnivel.com

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión