Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2024

O Concello pon en marcha a renovación da rede de saneamento na rúa Capitán Juan Varela, onde se instalarán colectores para a recollida de pluviais

As obras, que comezaron esta semana e suporán un investimento de 120.000 euros, dan continuidade ao plan establecido polo Goberno municipal para modernizar as infraestruturas de saneamento en todos os barrios

O Concello puxo en marcha esta semana as obras para renovar a rede de saneamento na rúa Capitán Juan Varela, no barrio dos Mallos, onde se están a mellorar e modernizar as infraestruturas correspondentes á recollida de augas residuais.

A intervención estase levando a cabo no sector leste de Capitán Juan Varela. Concretamente, no treito comprendido entre os cruzamentos coas rúas Ángel Senra e Pérez Porto, un percorrido de algo máis dun cento de metros onde xa se está a traballar na adaptación dos pozos existentes, así como na substitución dos antigos colectores. Neste sentido, e seguindo os estándares que se están a executar na meirande parte dos barrios da cidade, as novas tubaxes que se instalarán na rúa Capitán Juan Varela serán de PVC e 315 mm de diámetro exterior, para reforzar a seguridade ante posibles fugas.

En paralelo a esta actuación, o Concello ten previsto acometer a instalación dun novo colector destinado á recollida de augas pluviais, que discorrerá en paralelo ao circuíto de augas residuais. As tubaxes de pluviais tamén serán de PVC e terán diámetro exterior de 400 mm. Desta forma, Capitán Juan Varela pasará a contar cunha rede separativa de saneamento no seu sector leste.

A revitalización do barrio dos Mallos, paso a paso

A renovación da rede de saneamento da rúa Capitán Juan Varela forma parte do plan de melloras deseñado polo Goberno de Inés Rey no barrio dos Mallos, onde, ademais das obras de construción da estación intermodal, xa se executaron diversas intervencións en materia de infraestruturas e accesibilidade no que vai de mandato. Por exemplo, a remodelación do cruzamento da avenida de Arteixo con Ramón Cabanillas, a ampliación do parque infantil da Sardiñeira e a creación dun novo paso peonil entre Os Mallos e Vioño, na avenida de Arteixo.

Ademais, continúan as obras de construción do novo treito de carril bici entre a avenida de Arteixo e a rolda de Outeiro, entre Os Mallos e a Sagrada Familia.

A isto súmanse, ademais, intervencións xa adxudicadas como a reurbanización da avenida da Sardiñeira ou as obras de construción do novo viario entre a Sardiñeira e a avenida de Arteixo, que suporán un investimento total de case 4 millóns de euros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión